«Escritor, xornalista e creador todo-terreo»

Os experimentos literarios son a especialidade deste narrador ourensán que durante varias décadas exerceu como xornalista cultural en la Voz de Galicia. Camilo está convencido de que o importante son as historias. A maneira na que nos achegamos a elas non é máis que un accidente. Unha circunstancia. E é cousa do noso tempo xogar coas circunstancias.

A Camilo coñécenselle seis libros impresos: A lúa no cénit, Ribadavia, En malos pasos, Por conto alleo, Palabras contadas e Balada Triste de Moqueta; dúas coleccións de relatos en-liña: Por conto alleo e Necesariamente X; unha exposición literaria; unha curta; varios chous: Palabras Contadas, Beatles. Re-volver, Repentismo; e tres experiencias de interacción co público: Ques ser un personaxe de novela?, Ques ser personaxe de teatro? e Queres ser arte contemporánea?.

Entre as súas cualidades persoais destacan o repunantismo, a xenerosidade e unha capacidade de fabulación ilimitada. Camilo é a chispa que fai falta para prender a mecha.

Camilo Franco

Sabela Darriba

Marián García Mesa

A Punto, centro cultural del gusto

Xes Chapela

Helena Torres

Ana Cunqueiro

Cristina Domínguez

Moisés Álvarez