“Un traballador incansable da difusión cultural”

Dende 2003 ven participando na creación e dirección de proxectos no ámbito cultural galego, o que lle permite coñecer de primeira man os distintos procesos e axentes que conforman a cadea de valor do sector creativo e das industrias culturais. Ten traballado tamén en iniciativas do eido TIC, especialmente con contidos dixitais.

En 2011 foi escollido como director de Culturgal, a Feira Galega das Industrias Culturais, desenvolvendo xunto ao equipo de nócomún e ata maio de 2013, o proceso de reformulación estratéxica do modelo de feira, así como a organización integral do evento anual. Posteriormente seguiu desenvolvendo diversos proxectos no eido dos colectivos profesionais da cultura galega, como a coordinación técnica e xestión de contidos na Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural durante os anos 2014 e 2015.

Actualmente Sergio traballa en proxectos de xeración e intercambio de coñecemento, tanto desde a esfera da educación como da organización de espazos de encontro profesional. Unha mostra é o Curso de Experto en Xestión Cultural da Universidade de Santiago de Compostela, do que é co-promotor e docente dende a súa 1ª edición 2014-15.

Algunhas das súas características persoais son a responsabilidade e a capacidade de organización e coordinación de equipos de traballo. Sergio é, ademais, unha persoa creativa e innovadora, que non perde de vista os últimos movementos do sector creativo no mundo.

 

xunto ao equipo de nócomún

Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural

Silvia Penide : Animal de Compañía

Azos Jazz

Culturgal