“Solucións técnicas para a creación cultural”

Técnica superior en produción audiovisual, radio e espectáculos, a esta profesional non se lle resiste a produción técnica de ningún concerto ou festival, produción audiovisual, obra de teatro ou calquera tipo de evento cultural.
María empezou a traballar moi nova como axudante de produción de espectáculos, da man de Nordesía Producións. Ten sobrada experiencia como tour manager, coordinou a produción de Cantos na Maré 2010 e a rexiduría de Beatles Re-Volver, participou en numerosas producións audiovisuais independentes e abordou toda clase de proxectos culturais dende o ámbito asociativo. O seu entusiasmo e a súa profesionalidade destacan por riba de todo, en todos os proxectos que enprende.
María desprende enerxía, é unha persoa proactiva, dinámica, moi boa no traballo en equipo e que achega solucións rápidas aos contratempos que xorden en todas as producións.

Culturgal

Festival dos Abrazos

Cantos na Maré

A Festa dos Mundos

The Beatles: Re-Volver