“Cultura, festivais e internet”

Andrea é Licenciada en Xornalismo, Master en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais.

Ten desenvolto gran parte da súa carreira profesional dende os equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Festival de Cine Internacional de Ourense -audiovisuais-, Revenidas, Vive Nigrán e SonRías Baixas -musicais-, Conecta Fiction, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ou ICC Week -eventos sectoriais, mercados e tecnolóxicos-.

Ademais de participar na estratexia dixital de gran parte dos anteriormente citados, ten traballado tamén como responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital Antes de perder, (Cósmica Producións e Playz, RTVE).

Valora sobre todo a experiencia de usuario nos eventos, situando entre as súas prioridades a comunicación fluída co público e a escoita activa das súas peticións na rede. Como boa millennial, pasa os días explorando entre os contidos dixitais, o audiovisual, a música e a cultura pop, pero en realidade o que máis lle gusta é ter flores sempre na casa, fabricar GIFS, que lle fagan de comer e as tartas (todas).

Andrea Villa (Ourense, 1990). Licenciada en Xornalismo, Master en Xestión de Industrias Culturais, produtora e xestora de redes sociais.

Ten desenvolto gran parte da súa carreira profesional dende os equipos de comunicación de eventos e proxectos de diversa índole como a Academia Galega do Audiovisual, a produtora Portocabo, o Festival de Cans, Novos Cinemas, (S8) Mostra de Cinema Periférico, Curtocircuíto, Festival de Cine Internacional de Ourense -audiovisuais-, Revenidas, Vive Nigrán e SonRías Baixas -musicais-, Conecta Fiction, Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra ou ICC Week -eventos sectoriais, mercados e tecnolóxicos-.

Ademais de participar na estratexia dixital de gran parte dos anteriormente citados, ten traballado tamén como responsable de redes sociais do festival de contidos dixitais Carballo Interplay, no LAIC (Laboratorio Audiovisual de Innovación e Creación) do programa Coruña Dixital ou como ou como produtora transmedia e deseño de RRSS da serie dixital Antes de perder , (Cósmica Producións e Playz, RTVE).

Andrea pasa os días explorando entre os contidos dixitais, o audiovisual e a música, pero en realidade o que máis lle gusta é ter flores sempre na casa, fabricar GIFS, que lle cociñen e as tartas (todas).

SonRías Baixas

Festival de Cans

Festival Revenidas

(S8) Mostra de Cinema Periférico

Premios Mestre Mateo