Macc 2010

O mercado das ideas pensa o futuro das industrias creativas

O Mercado Atlántico de Creación Contemporánea é un encontro de profesionais diferente ao resto de propostas xa existentes, que pon no centro a innovación, o talento emerxente e a investigación. Macc aposta por entender as industrias creativas dun modo aberto, incluíndo todo tipo de organizacións, empresariais ou non, que apostan pola creación colaborativa.

O proxecto, que xa vai pola súa terceira edición, é unha iniciativa de Atlantic Comnection, unha plataforma en rede que reúne a un grupo de empresas e profesionais de diferentes territorios – Canarias, Galicia, Cataluña, Madrid, Alemania y Brasil – con dilatada experiencia na produción e xestión cultural.

Macc celebrou a súa segunda edición o mes de setembro de 2010 en Santiago de Compostela. Nesta ocasión, o mercado das ideas artellouse ao redor de tres eixos: os novos escenarios de actuación que supón as novas tecnoloxías, a importancia dos procesos de creación máis alá do resultado final e o potencial de toda esta creatividade para xerar riqueza e desenvolvemento dos pobos.

NóComún participou no Macc 2010 da man de Pilar Bonigno, que foi administradora do proxecto e de Sonia Díaz, que dirixiu e planificou a comunicación en colaboración de Lorena Seijo, que realizou parte dos materiais e coordinou a alimentación da web. Ana Cunqueiro formou tamén parte do equipo de produción.

Organiza: Atlantic Comnection
Idea orixinal: Atlantic Comnection
Datas: 2010
Traballamos con: E-Burbulla, Vítor Belho, Xavier Belho, Beatriz García, Gonzalo Vázquez, Pancho Lapeña.