Testemuños: O cárcere de mulleres en Guatemala

Elas tamén teñen algo que dicir

Ninguén logra entender o duro que é o cárcere ata que pasa unha boa tempada nel. Aínda que sempre hai maneiras de achegarse a unha realidade complexa, á que normalmente ninguén quere pór moita atención. Falar con elas, con esas mulleres que día a día tentan sobrevivir nun ambiente hostil e esfórzanse porque a súa familia sobreviva sen elas, permite ter certa idea do que significa vivir entre reixas.

Este foi o obxectivo da elaboración dun pequeno libro de testemuños das mulleres que gardaban prisión no Centro de Orientación Feminina de Guatemala no 2007, dirixido polo Instituto de Estudos Comparados de Ciencias Penais de Guatemala como parte dunha campaña de sensibilización para defender os dereitos das mulleres condenadas no país.

Lorena Seijo levou a cabo a asesoría, conceptualización e elaboración do documento.

Organiza: Instituto de Estudios Comparados en Ciencias Penales de Guatemala.
Datas: 2007
Traballamos con: Paula Barrios, Claudia Paz e Walter Astrada.