A Festa dos Mundos

O maior escaparate da diversidade cultural do mundo

O 7 de agosto de 2010, a praia de Santa Cristina converteuse nunha gran celebración do mundo como ecosistema cultural. Das 11 da mañá a máis aló das 4 da madrugada, o areal de Oleiros acolleu un amplo programa para todos os públicos que incluía música, danza, circo, maxia, conferencias e actividades para a infancia. Concluíu cun gran concerto no que participaron Uxía, Sa Dingding, Choq Quib Town e o proxecto Africa Express, con Damon Albarn, Amadou & Mariam, Elíades Ochoa, John Paul Jones, Rokia Traoré, Femi Kuti, Rachid Taha e Mick Jones, entre outros.

A Festa dos Mundos converteuse nun dos eventos culturais máis importantes do ano na Península, destacando polo seu carácter innovador e por ser unha aposta ecoloxicamente responsable. Para facelo posible foi necesario un notable esforzo de organización, programación, produción e comunicación.

A varias destas tarefas contribuíu NóComún. Sonia Díaz participou no proceso de conceptualización, Moisés Álvarez no deseño da comunicación, e María Galdón no management de artistas.

Organiza: Xacobeo 2010
Datas: 2010
Idea orixinal: Vítor Belho para Nordesía
Traballamos con: Nordesía, Janite, Zinqin Audiovisual, Infernos TV, Xavier Belho, Nalgures.