Obradoiros NC para Escolares

O obxectivo principal dos Obradoiros NC para Escolares é potenciar ás habilidades comunicativas do alumnado, acompañándoos na descuberta das moitas historias que teñen para contar e aprendéndolles a escoitar, a mirar e a transmitir en calquera das linguaxes e a través de calquera das ferramentas que teñen á súa disposición.

O alumnado que asiste aos Obradoiros NC para Escolares adquire as competencias necesarias para desenvolverse con soltura nun contorno tecnolóxico sen perder de vista que o que importa é, sempre, a historia que queren contar. Adquiren os coñecementos, técnicas e habilidades que lles permitirán sacar e editar fotos, gravar e montar vídeos, redactar textos e publicar o resultado na rede… ou editar e imprimir un fanzine, se iso é o que mellor se adapta ás súas necesidades.

O proceso aséntase sobre unha metodoloxía multidisciplinar: as sesións comezan con xogos, despois introdúcense algúns conceptos teóricos básicos e remátase poñendo en práctica o aprendido cun traballo en equipo que permite que, ademais de adquirir os coñecementos específicos, aprendan a convivir, retroalimentándose os uns aos outros e, por suposto, divertíndose.

E o traballo desenvólvese, sempre, sobre valores transversais como a importancia do traballo en equipo e o reforzo da identidade individual e colectiva, da igualdade, da tolerancia, dos dereitos humanos e do respecto polo medio ambiente.

Clica na imaxe para consultar os obxectivos, competencias e contidos específicos de cada obradoiro e contacta con nós se queres saber máis ou se precisas que fagamos unha proposta concreta para o teu centro.

Ficha técnica

Os Obradoiros NC Para Escolares están pensados para mozos e mozas de entre 8 e 12 anos (preferentemente)
Número de participantes: 20 persoas
Duración: 24h, divido en 3 horas por semana, nunha ou dúas sesións.
Prezo: 15 e 20 euros por alumno/a e mes, dependendo das horas. Inclúe os recursos educativos e técnicos precisos para o seu desenvolvemento.