(S8) Mostra de Cinema Periférico

Un Festival cun concepto único e innovador da creación cinematográfica contemporánea
(S8) Mostra de Cinema Periférico trae á cidade da Coruña un festival de cinema internacional cun concepto único e innovador no panorama do noso país. O festival que se mira no espello de imprescindibles citas mundiais como Róterdan, BAFICI, Ann Arbor, Media City, o programa Wavelengths do Festival de Toronto, 25 FPS (Zagreb), a Viennale ou Vila do Conde, sitúa á Coruña no mapa da creación cinematográfica contemporánea. Converte á cidade nun foco de atención tanto nacional como internacional, onde se dan cita os máis relevantes cineastas e profesionais en activo.
No 2012 a comunicación da Mostra de Cinema Periférico correu a cargo de Cristina, que deseñou e desenvolveu un plan de comunicación para a difusión do evento, estableceu contacto cos medios locais e estatais, organizou diversas roldas de presentación dos ciclos e xestionou as entrevistas cos cineastas convidados con medios locais, nacionais e especializados. Traballou neste proxecto xunto con Lucía, que por terceiro ano consecutivo, coordinou a web, a imaxe e o deseño da campaña comunicativa do (S8) Mostra de Cinema Periférico da Coruña e con Ana que se encargou da rexiduría.
No 2013, ano da cuarta edición, Lucía continúa no proxecto e encárgase da imaxe gráfica do festival.

Organiza: Concello de A Coruña, Deputación de A Coruña, ese 8
Data: Xuño 2012,2013
Traballamos con: ese8


fotografía por María Meseguer