Web de Operación E

Web para un filme de produción internacional

ZircoZine uniuse a produtoras de España, Francia e Colombia para realizar “Operación E”, un filme sobre a guerra en Colombia, ou máis ben sobre como unha persoa pode sen querer erixirse no centro dun conflito internacional, e en que medida iso racha a súa vida. O filme foi dirixido por Miguel Courtois Paternina, con Luis Tosar e Martina García como protagonistas.

Recibimos o encargo de crear a web da película. Moisés Álvarez e Esmeralda L. Castro encargáronse de definir a estrutura e os contidos, e Carlos Lorenzo do deseño e programación.

Produce: ZircoZine
Datas: 2012
Traballamos con: Esmeralda L. Castro.