Festicultores Troupe: “Os Sadomusiquistas”

Xira mundial polas mecas do vicio

Festicultores Troupe é un grupo musical caracterizado polo seu sentido do humor e o seu espírito festeiro. Logo de máis de sete anos de percorrido por festivais e verbenas, en 2012 publicaron o seu primeiro disco: “Os Sadomusiquistas”.

Recibimos o encargo de facer unha pequena campaña de comunicación para o lanzamento do álbum, da que se encargou Moisés. Na procura dunha proposta chamativa, decidimos inventarnos unha xira mundial da banda polas “mecas do vicio”, que documentamos nunha colección de fotos dos Festicultores no Vaticano, Disneylandia ou a Semana Santa de Sevilla e un vídeo-rolda de prensa emitido desde Las Vegas, complementado cunha web e accións en redes sociais.

Produce: Festicultores
Datas: 2012
Traballamos con: Esmeralda L. Castro, Brais Seara.