AUPA audiovisual para aprender

Unha nova empresa creada no 2011 que nace dentro do programa INCUBA-T, unha iniciativa de UNINOVA, a incubadora de iniciativas empresarais innovadoras da Universidade de Santiago de Compostela. Estamos na capital de Galicia, no edificio Emprendia, no Campus Sur.

Proveedor de Recursos Audiovisuais de Aprendizaxe, deseñados para mellorar os procesos de formación, para a súa distribución en PDi , plataformas on line, TV, iPad e outros dispositivivos móbiles.

Investigamos as novas posibilidades do audiovisual interactivo aplicado principalmente ao ámbito da educación e da formación.

Xes Chapela lidera e coordina o proxecto.

Traballamos con: UNINOVA – Universidade Santiago de Compostela.