Malvela e “Raianas”

O eco necesario para a voz raiana destas mulleres

As Malvela poñen voz ás mulleres galegas, e fano achegándose a Portugal, tendendo pontes entre a música das dúas beiras do Miño. Por iso son tan necesarias: porque son populares, teñen calidade e préstalles subirse a un escenario para cantar con alegría as cancións da terra.

En xuño de 2011 Malvela gravou en directo o seu cuarto disco, “Raianas”. O concerto celebrouse en Mos, a terra do grupo de cantareiras, co propósito de trasladar ao álbum o calor do público e o clima festivo das súas actuacións. Moisés Álvarez encargouse da comunicación, co dobre obxectivo de atraer público da comarca ao concerto e divulgar en Galicia e o Norte do Portugal a gravación do disco.

Ano e medio máis tarde, recibimos o encargo de renovar a presenza online de Malvela. Ofrecémoslles unha web sinxela e práctica, xunto coa dinamización das súas redes sociais, con especial atención a Facebook.

Organiza: Malvela, Nonsí Servizos Culturais
Datas: 2011-2013