Paraíso

Textos de calidade para a revista das redes escénicas galegas

Paraíso é a revista da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas. Os seus números semestrais tratan de promocionar as compañías, os profesionais e os espazos da escena galega. É unha revista de gran formato cun deseño coidado, unha maquetación de calidade, boa fotografía e reportaxes e entrevistas que tratan de lanzar unha mirada fresca e positiva sobre o traballo do sector.

Integrantes de NóComún asumiron a redacción de boa parte dos textos da revista dende setembro de 2009. Moisés Álvarez participou na redacción de todos os números entre o 6 e o 10, coa colaboración, entre outros, de Sonia Díaz e Cristina Dominguez.

Edita: Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais)
Datas: 2009 – 2010 – 2011
Traballamos con: Uqui Cebra, Ovidio Aldegunde, Esmeralda L. Castro, Pedro Solla, Cristina Domínguez.