Formando e formándonos

Despois destes meses tan sileciosos só podemos dicir aquilo de na casa do ferreiro, coitelo de pau e comprometernos a reconducir a situación, contándovos con máis frecuencia en qué andamos metidos/as. Comezamos esta semana cun dos campos nos que máis…

Despedida de Culturgal

. Despois de comunicarllo á Asociación Culturgal quixera compartir con todas e todos vós que non seguirei como director da Feira das Industrias Culturais de Galicia. Por extensión tampouco continuará o equipo de nócomún que organizou as edicións 2011 e…

Culturgal 2012, os créditos

. Como nunha sala de cine, as luces prenden de novo e devólvennos ao día a día. No mellor dos casos, como foi Culturgal 2012, con ánimos renovados e facéndonos pensar durante un tempo no que significou esta cita expansiva…

Audiovisual aplicado a unha Intervención Artística

CLIENTE: MERCEDES PEÓN O reto: A realización audiovisual dun site specific Poder traballar con Mercedes Peón e o seu equipo constituíu a principal motivación para aceptar o reto da realización audiovisual desta intervención artística. NóComún estivo presente nunha experiencia irrepetible,…

Aprender a mirar a realidade a través do obxectivo

Contar unha historia con imaxes, retratar a súa realidade para facela extraordinaria, educar a mirada para apreciar a arte. Estes son algúns do obxectivo do taller de fotografía que impartiu por primeiro ano o fotógrafo Emerson Díaz nun colexio salvadoreño…

Nócomún é un espazo de ideas flexible, innovador, creativo e colaborativo. Un conxunto de profesionais da comunicación e da cultura que temos na imaxinación, a paixón, o compromiso e a calidade o noso nó común. Un caixón de proxectos pasados, presentes e futuros. Unha rede de profesionais aos que recorrer e cos que colaborar. Este espazo deseñado por e para as ideas é un espazo virtual.

Non existe unha sé física e cada unha das persoas que formamos parte de Nócomún somos a nosa propia empresa. Compartimos obxectivos e experiencias profesionais. Compartimos unha maneira de pensar, de facer e de comunicar a cultura. Colaboramos de maneira flexible, horizontal e multidireccional, seguindo esta máxima: conta cos demais e os demais contarán contigo.

E, así, paso a paso, imos construíndo unha célula de creatividade feita á nosa medida, unha fórmula de colaboración profesional singular, versátil, dinámica. Esta célula de creatividade ten unha estrutura de dous niveis: unha rede de profesionais activamente implicados no proxecto e unha nube de profesionais, creadores ou empresas coas que mantemos unha relación frecuente, pero que non se integran

como parte do proxecto. As portas están abertas en ambos niveis. Para entrar en Nócomún tés que ser convidado por algunha das persoas que xa forman parte do proxecto, atendendo aos criterios de creatividade, complementariedade e compromiso que nos unen. Se queres saber máis sobre o proxecto, ponte en contacto con calquera das persoas que forman parte da rede.