A horta do freelance

A horta podería ser a compañeira inseparable da e do profesional independente. Para unha persoa que está todo o día pegada ao ordenador escribindo, deseñando, contestando mails, falando polo móbil, a horta é unha oportunidade para compensar o exceso de…

As contas do freelancismo

O Consello de Ministros aprobou o pasado venres un paquete de medidas para “garantir a estabilidade orzamentaria” e “fomentar a competitividade”. Varias destas medidas, especialmente as relativas aos “ingresos tributarios para garantir o cumprimento do déficit”, afectan directamente ao noso…

10 consellos para traballar desde casa

Se es un recén chegado á vida do freelancismo e agora a túa casa xa non so é o teu fogar, senón o lugar onde transcurren as túas xornadas laborais, desde NóComún te plantexamos 10 recomendacións para que non remates…

Vivamos o 2012 con NóCómún!

Tivemos un comezo de ano intenso cun maio movido no que se materializaron parte dos nosos traballos. Gozamos colaborando en diversos proxectos e eventos da música e do cine en Galicia, así como doutros proxectos literario-gastronómicos, de difusión de proxectos…

De benvidas e despedidas

Chega o primeiro aniversario de Nócomún e, con el, os primeiros cambios no equipo. Estes días dixémoslle adeus a Pilar Bonigno, que deixa a rede para centrarse noutros proxectos. Seguro que non tardamos en atoparnos nalgunha volta do camiño, Pilar,…

Nócomún é un espazo de ideas flexible, innovador, creativo e colaborativo. Un conxunto de profesionais da comunicación e da cultura que temos na imaxinación, a paixón, o compromiso e a calidade o noso nó común. Un caixón de proxectos pasados, presentes e futuros. Unha rede de profesionais aos que recorrer e cos que colaborar. Este espazo deseñado por e para as ideas é un espazo virtual.

Non existe unha sé física e cada unha das persoas que formamos parte de Nócomún somos a nosa propia empresa. Compartimos obxectivos e experiencias profesionais. Compartimos unha maneira de pensar, de facer e de comunicar a cultura. Colaboramos de maneira flexible, horizontal e multidireccional, seguindo esta máxima: conta cos demais e os demais contarán contigo.

E, así, paso a paso, imos construíndo unha célula de creatividade feita á nosa medida, unha fórmula de colaboración profesional singular, versátil, dinámica. Esta célula de creatividade ten unha estrutura de dous niveis: unha rede de profesionais activamente implicados no proxecto e unha nube de profesionais, creadores ou empresas coas que mantemos unha relación frecuente, pero que non se integran

como parte do proxecto. As portas están abertas en ambos niveis. Para entrar en Nócomún tés que ser convidado por algunha das persoas que xa forman parte do proxecto, atendendo aos criterios de creatividade, complementariedade e compromiso que nos unen. Se queres saber máis sobre o proxecto, ponte en contacto con calquera das persoas que forman parte da rede.