A comunicación vs desenvolvemento dos pobos

A comunicación é un dereito humano fundamental. Non só por si mesma, senón como ferramenta para facer posible que se cumpran outros dereitos. Por tanto a comunicación para o desenvolvemento debe ser un dos alicerces fundamentais da cooperación. Artigo 19…

Aldeas da Cultura: 10 claves para propostas creativas no rural (II)

Continuamos o artigo que arrancamos a semana pasada, no que aventuramos dez claves que encontramos detrás dos proxectos culturais máis interesantes pensados desde e para o rural. Aquí van os cinco últimos: 6. “Moito temos bailado aquí”. Reinterpretar espazos é…

Aldeas da Cultura: 10 claves para propostas creativas no rural (I)

A cidade é un gran invento: concentra enerxías e multiplica posibilidades. Nas cidades pasan cousas que xeran outras moitas. A cultura é un bo exemplo diso. As novas creacións culturais (da vangarda ao comercial) semellan crearse, experimentarse e compartirse nas…

Metropolis no deseño: do Art Decó a Lady Gaga

No 1927 estreábase Metropolis, o distópico filme de Fritz Lang, obra culmen do expresionismo alemán. O cartaz desta fantasía futurista fora creado un ano antes por Heinz Schulz-Neudamm e tratátabe dunha litografía de 92,7 x 205,7 cm do que so…

O proceso de produción de eventos

En NóComún cremos que todos debemos estar familiarizados con todas as áreas do traballo de produción cultural e, por iso, ímosvos dar unhas nocións básicas sobre a produción dun evento… Imos aló!   Pre-produción Unha vez definido e contratado o…

Nócomún é un espazo de ideas flexible, innovador, creativo e colaborativo. Un conxunto de profesionais da comunicación e da cultura que temos na imaxinación, a paixón, o compromiso e a calidade o noso nó común. Un caixón de proxectos pasados, presentes e futuros. Unha rede de profesionais aos que recorrer e cos que colaborar. Este espazo deseñado por e para as ideas é un espazo virtual.

Non existe unha sé física e cada unha das persoas que formamos parte de Nócomún somos a nosa propia empresa. Compartimos obxectivos e experiencias profesionais. Compartimos unha maneira de pensar, de facer e de comunicar a cultura. Colaboramos de maneira flexible, horizontal e multidireccional, seguindo esta máxima: conta cos demais e os demais contarán contigo.

E, así, paso a paso, imos construíndo unha célula de creatividade feita á nosa medida, unha fórmula de colaboración profesional singular, versátil, dinámica. Esta célula de creatividade ten unha estrutura de dous niveis: unha rede de profesionais activamente implicados no proxecto e unha nube de profesionais, creadores ou empresas coas que mantemos unha relación frecuente, pero que non se integran

como parte do proxecto. As portas están abertas en ambos niveis. Para entrar en Nócomún tés que ser convidado por algunha das persoas que xa forman parte do proxecto, atendendo aos criterios de creatividade, complementariedade e compromiso que nos unen. Se queres saber máis sobre o proxecto, ponte en contacto con calquera das persoas que forman parte da rede.