“Olladas creativas”
Creador audiovisual cunha longa traxectoria profesional no eido audiovisual. Guionista para programas de televisión, novos formatos e documentais emitidos en TVE, RTM, TVG, entre outras canles. Membro da Asociación Galega de Guionistas dende o 2.002.
A súa primeira obra como director Jazz en Liberdade, recibiu o premio á Mellor Longametraxe Documental nos premios Mestre Mateo 2.010 outorgado pola Academia Galega do Audiovisual.
De xeito paralelo, desenvolve accións formativas en calidade de formador ou mestre en diversos centros e niveis educativos: formación profesional, formación ocupacional ou formación complementaria no ensino secundario. Entre as ducias de cursos impartidos destaca a súa participación como monitor no programa Audiovisual nas Aulas, destacado polo Ministerio de Cultura co premio González Sinde 2011, a través da Academia de las Artes y Ciencias Cinematográficas de España.
Dentro do ámbito da formación vén de presentar na primavera do 2011 o proxecto que lidera e coordina denominado AUPA – audiovisual para aprender, cuxa sé está no edificio Emprendia da Universidade de Santiago de Compostela.
Actualmente desenvolve proxectos propios no eido do documental, así como investiga a aplicación das novas posibilidades tecnolóxicas á linguaxe audiovisual.
Libros. Imaxes. Curtametraxes.
En Calquera Lugar. Entre cá e lá.
Milímetros
Obradoiro de creación audiovisual con dispositivos móbiles
Obradoiros NC para Escolares
Culturgal
Festival de la Luz
LOBOS
Audiovisual para Escolares