“Imaxes que valen máis que mil palabras”
Fotógrafa, cámara e montadora freelance dende hai máis de dez anos, Marián coñece á perfección todas as idas e voltas da profesión. Traballou, sobre todo, en documentais de creación e en programas informativos, pero tamén fixo fotografía social e publicitaria, series, longametraxes, curtametraxes e programas de televisión, varios deles como axudante de realización.
Marián vive na Mariña de Lugo, pero fai as maletas con frecuencia para traballar alí onde xurde un proxecto interesante. En Mallorca gravou algúns dos seus traballos máis recoñecidos e queridos, como os documentais La casa de Jesús, La semilla del candidato, Se traspasa, La historia de la más bella ou o proxecto multiplataforma Imago. Tamén traballa con frecuencia en Santiago, Pontevedra e Lugo como fotógrafa de eventos, cámara e montadora de making of e vídeos promocionais e como formadora.
O riso de Marián alegra calquera ambiente laboral e por el é coñecida en Galicia e parte do estranxeiro, pero as súas características máis destacadas son un extremo sentido da responsabilidade e unha sorprendente capacidade para descompoñer a vida en imaxes.
Obradoiro de creación audiovisual con dispositivos móbiles
Obradoiro de introdución á fotografía dixital
Obradoiros NC para Escolares
Fotografía para Escolares
Audiovisual para Escolares
Cantos na Maré