“O importante é a mirada”
Fotógrafo freelance de orixe guatemalteca. Establécese en Galicia hai cinco anos e especialízase na fotografía cultural e musical, aportando unha mirada diferente e coidada ao panorama nacional. Despois dos seus estudos de xornalismo, traballou durante máis de 10 anos como fotoxornalista de prensa e un máis como fotógrafo da Presidencia de Guatemala. Durante dous anos tamén foi o responsable de gran parte das imaxes das campañas de sensibilización de Unicef-Guatemala.
As súas obras máis persoais están vencelladas a defensa dos dereitos humanos, o que o levou a gañar no 2010 o premio de fotoxornalismo iberoamericano Save The Children. Dende hai cinco anos, complementa o mundo da imaxe fixa co do vídeo. As fotos de estudio para publicidade e moda tampouco lle son alleas.
Entre as súas cualidades persoais destacan o traballo en equipo, a responsabilidade, a creatividade, a versatilidade e o compromiso total cos proxectos que afronta.
Cantos na Maré
Dereitos da infancia