“Unha mirada estratéxica para a comunicación cultural”

Licenciada en Xornalismo, Sonia adicou os primeiros anos da súa carreira profesional a matizar a súa formación con viaxes e estudos diversos. Cursou unha diplomatura en Estudos Culturais no Reino Unido, un doutoramento en Comunicación Audiovisual en Barcelona, un máster en Xestión Cultural en Chile e é asesora ICEX en Internacionalización Empresarial.

Finalmente, en 2008, volveu a Galicia co obxectivo firme de traballar na promoción internacional da cultura galega. Tamén, desde a comunicación. Colaborou coa Xunta de Galicia e coa AGE na organización e na difusión da presenza galega nas feiras internacionais do libro, foi asesora de comunicación de Ouvirmos e de Nordesía Producións e deseñou e executou as estratexias de comunicación de varios festivais, mercados e feiras de distintas disciplinas. Aínda que centrada na asesoría estratéxica, tamén colabora esporadicamente como guionista audiovisual e como responsable de contidos de proxectos literarios, fotográficos ou expositivos.

Na actualidade, coordina a comunicación de diversos proxectos culturais, como a Editorial Galaxia, Mar Maior, o Festival de Cans, o Festival Reperkusión, o Festival SonRías Baixas, o Festival Agrogay da Ulloa e algunhas das montaxes teatrais de Eme2, Inversa, Culturactiva e Os sete magníficos.

Entre as súas características persoais destacan a creatividade, a paixón e a súa probada capacidade de coordinación do traballo en equipo.

Obradoiros NC para Escolares

Culturgal

RuralActual

A tribo toda baila

Premios Mestre Mateo

Aventura na Eira

Audiovisual para Escolares

Storytelling para Escolares

Redes sociais para Escolares