Coa aspiración de consolidarse como festival de rock de referencia
O Rock in Way Estrella Galicia celebrou en setembro de 2011 a súa primeira edición cunha aspiración clara: ter continuidade para consolidarse como un dos festivais de rock máis importantes da Península. Na súa primeira edición apostou por un cartel con grupos de diversos estilos que gravitan arredor do rock, capaces de atraer públicos diversos ao Monte do Gozo. Xunto a nomes internacionais como The Offspring, The Specials, The Charlatans ou The Toy Dolls entre outros, figuraban dez bandas galegas.
O traballo de comunicación do festival correu a cargo de NóComún a través de Moisés Álvarez, en colaboración co equipo de comunicación de Last Tour International. A actividade nas redes sociais, a comunicación directa a través de cartelería e promocións e a cobertura mediática foron os eixos da campaña, que se centrou en Galicia sen descoidar o Norte de Portugal, Asturias, León e os medios especializados españois.
Organiza: Zircozine e Last Tour International
Datas: 2011
Traballamos con: Mr Misto, Luis Otero e Elisa Gianni (Fotosfera), Pancho Lapeña.
Foto: Fotosfera