Vivimos nun momento histórico en que é difícil atopar unha soa persoa que non teña unha cámara de fotos. Recortar anacos de realidade pasou en poucos anos de ser algo case máxico, ao alcance de moi poucos, a ser na actualidade unha cuestión máis ben mundana. A tecnoloxía avanzou tanto que non só captar a imaxe é sinxelo, senón tamén reproducila e difundila a través de redes sociais e de medios dixitais. Os megapixeles puxéronse de moda e a crenza xeral é que todo queda “perfectamente” rexistrado con só facer clic. Pero, amigos e amigas, efectivamente a tecnoloxía facilítanos moito o traballo, pero os coñecementos tamén fan falta. Non deixa de ser curioso que a pesar de que todo o mundo posúe unha cámara de fotos, moi poucos teñen os coñecementos imprescindibles para sacarlle o maior rendemento.
Unha cámara compacta funciona moi ben cunhas condicións de luz óptimas, pero qué pasa cando non é así… Pero que lle pasa a esta cámara? Adoita ser a frase máis socorrida. Nócomún ofrécelles os seguintes consellos para deixar de culpar as máquinas e volver ao comezo: a manipulación humana.
Nove pasos a considerar ao manipular unha cámara
1. CALIDADE. Utilizar a cámara na máxima calidade que posúa, para poder manipular a imaxe despois, aínda que canto mellor se capte a imaxe menos necesidade haberá de manipulación. En formato RAW nas profesionais e o L nas semiprofesionales ou compactas (equivalente a JPG grande). Para un bo fotógrafo debera ser un éxito non ter que utilizar o Photoshop.
2. SENSIBILIDADE. Escoller unha sensibilidade que non supere 400, valor en ASA, xa que por encima deste valor adoita perderse calidade da cor. Esta limitación é para moitas das cámaras compactas ou réflex non actuais.
3. WB. Axustar o Balance de Brancos é unha acción de rutina que debe de aplicarse antes de empezar a capturar imaxes. Isto pode axudarnos moito, sobre todo, para evitar que os elementos brancos ou luminosos perdan nitidez. Para realizalo correctament,e colócase a cámara no ícono de White Balance, cáptase unha imaxe dunha superficie totalmente branca (unha folla de papel), vólvese ao menú, búscase WB Personalizado e seleccionase a imaxe en branco. A cámara preguntará se estamos de acordo con esta selección. Dicimos que si. E xa temos o balance feito. Hai que tomar en conta que se cambiamos de escena (condicións de luz) hai que volver facelo. Na serie de cámaras compactas esta función pode vir predeterminada pero na Réflex convén realizalo manualmente.
4. FILTROS. Os filtros da cámara son ferramentas que case non se aplican, con todo creo que son a solución para a maioría de problemas de manipulación de cor. Axudarannos a obter cores máis intensas en días moi nubrados, con moito sol ou con iluminación artificial. Debe escollerse o filtro adecuado para cada situación. Por exemplo o filtro de sol serve para saturar máis os azuis, pero non todas as fotos durante o día deben tomarse con este filtro. Se está nubrado ou entramos nun lugar pechado, cambiaremos o filtro. Ao utilizar os filtros pérdese o balance de brancos.
5. PROGRAMAS. A cámara vén cunha serie de programas que podemos utilizar: modo automático (A/P), manual (M), de prioridade na apertura (AV), de prioridade na velocidade de obturación (TV) e bulb (B). No modo automático é a propia cámara a que fai a avaliación da escena e determina a exposición (velocidade e apertura), esta opción é válida se as condicións externas de luz son boas, pero se non é así a cámara tende a reducir a velocidade de obturación e ampliar o diafragma, o que na práctica xera que ante calquera movemento a imaxe salga borrosa e sen profundidade de campo.
No modo manual podemos elixir a velocidade e a apertura. Ao poder escoller, podemos estar máis seguros dos resultados de cámara. Nunha escena deportiva debemos subir a velocidade (v) de obturación para conxelar o movemento. Nun atardecer debemos pechar a apertura (f) para conseguir maior profundidade de campo.
En modo prioridade de apertura podemos predeterminar nós mesmos a apertura, deixar fixo o valor en f e que a cámara nos dea de forma automática a velocidade de obturación. Esta opción é a adecuada se queremos asegurarnos o tipo de profundidade de campo que necesitamos.
O modo prioridade de velocidade de obturación permite xusto o contrario, garantirnos a velocidade necesaria para o tipo de imaxe que queremos obter e que sexa a cámara a que escolla a profundidade de campo, xa que esta varía en función das condicións de luz.
Finalmente o modo bulb adóitase utilizar para fotografía nocturna. Serve para prolongar o tempo de exposición e lograr obter a saturación necesaria. Fai falta trípode ou unha base regular onde colocar a cámara, que evite a vibración.
6. FOTOGRAFÍA NOCTURNA. A lóxica dinos que a menor iluminación é mellor utilizar unha maior sensibilidade, pero isto pode producirnos problemas de ruído, o mellor é non superar a 400 ASA. Nas cámaras que posúen o modo manual é recomendable que o número do f non supere o 11, para evitar a difracción da luz. As cámaras traen unha función que se chama redución de ruído, é necesario colocala nas fotografías nocturnas.
7. O FLASH. Moitos dos fotógrafos profesionais teñen un receo polo flash, a moitos non lles gusta o resultado de cor ao utilizalo, pero é unha ferramenta moi útil. O seu bo manexo dá resultados sorprendentes. Se se utiliza de forma directa pode que os obxectos saian bastante brancos e planos, pero se se utiliza de forma rebotada o efecto é satisfactorio. Pode rebotarse nunha parede, no teito ou utilizando un difusor, que é un accesorio plástico de cor branca que se coloca na parte superior de flash, que fai que a luz se filtre e se difumine. As cámaras compactas teñen o problema de traer o flash incorporado, non hai forma de utilizalo de forma indirecta. Un truco moi efectivo é colocar un celo sobre el, que funcione como un difusor. Desa forma a luz non incide de forma tan brusca no obxectos. Este truco pode funcionar tamén para superficies reflectoras, como cristaleiras ou botellas.
8. A COMPOSICIÓN. Máis aló da técnica utilizada, as boas fotografías caracterízanse por unha boa composición. As imaxes con fondos limpos, sen distractores, son máis atractivas e permítennos unha mellor lectura, debemos coidar ben a orde dos elementos dentro do plano e tomar en conta que onde se atopa o punto de enfoque está a verdadeira mensaxe da imaxe.
9. O ARQUIVO. O arquivo das imaxes é un dos grandes problemas no mundo da fotografía dixital, polo seu almacenamento e pola súa organización. O mellor consello é colocar a data primeiro e logo o nome. Tamén é recomendable facer unha copia da imaxe antes de manipulala na computadora, porque no futuro podemos arrepentirnos de aplicarlle algún efecto do Photoshop.
De tódolos xeitos este tema do Photoshop, os seus vicios e os seus beneficios, deixarémolo para unha vindeira ocasión. Estade atentos.