Campaña contra a trata de persoas

A escravitude moderna

O tráfico de persoas con fins sexuais é a forma de escravitude imperante no século XXI. Mulleres, homes e menores de idade son vítimas deste tipo de explotación en todas partes do mundo, entre elas e con especial dureza en Centroamérica. Por iso, Unicef-Guatemala realizou no 2009 unha campaña nacional de sensibilización contra trata de persoas. Dentro da estratexia de comunicación desta campaña estaba a elaboración de informes, recompilación de información, talleres de sensibilización cos xornalistas, elaboración de paquetes de comunicación e de historias de vida, ademais de lobby no parlamento nacional para a aprobación dunha lei contra este flaxelo.

Lorena Seijo realizou os materiais para a campaña e achegou a súa asesoría para poder tener un maior eficacia nos medios de comunicación.

Organiza: Unicef Guatemala
Datas: 2009
Traballamos con: Parisa Nabili e Claudia Navas