No territorio común da música
Cantos na Maré, Festival Internacional da Lusofonía é un proxecto cultural pioneiro no estado español, que a través da lingua e da música traza un mapa común entre os territorios da lusofonía que comparten raíces. O festival, que xa vai pola súa sétima edición, amosa que desde a lingua galega se poden tender pontes que nos acheguen a outras culturas emerxentes, á vez que sitúan a nosa cultura no mundo.
Ademais do concerto, no que coinciden artistas consolidados e novos talentos, o encontro compleméntase con debates profesionais arredor da música. As xornadas de 2010 estiveron focalizadas no estudio de alternativas para o posicionamento das músicas da lusofonía no mercado.
Moisés Álvarez dirixiu a comunicación do Festival en 2009, 2010 e 2012 e colaborou na de 2013, Emerson Díaz realizou as fotografías no 2009 e Ana Cunqueiro levou a cabo a produción técnica do encontro Cantos na Maré Rede no 2008 e no 2010, cuxa conceptualización correu a cargo de Sonia Díaz e Vítor Belho; María Galdón realizou tarefas de axudante de produción en 2008 e 2009 e foi xefa de produción do espectáculo en 2010; Carlos Lorenzo encargouse do deseño na edición de 2014.
Organiza: Nordesía, xunto con Uxía Senlle e Paulo Borges
Datas: 2008-2009-2010- 2012-2013-2014
Traballamos con: Esmeralda L. Castro, Xavier Beho, Atana Relacións Públicas (no 2008), Nova Xestión Cultural e Alberte Peiteavel no 2010.