Sensibilización, máis necesaria que nunca
O labor de Unicef ao redor do mundo céntrase na defensa dos dereitos dos nenos e nenas, que en moitas ocasións son vulnerados por graves problemas estruturais que sofren os países nos que viven ou pola propia inacción das administracións públicas.
En Unicef-Guatemala realizáronse durante dous anos (2008-2009) unha serie de materiais de sensibilización co obxectivo de poder concienciar tanto ás autoridades locais como á poboación sobre a vulneración dos dereitos da infancia. Abordáronse, a través de historias de vida, problemas tan graves como os abusos sexuais, as adopcións irregulares, os malos tratos, a falta de identidade, a desnutrición crónica, a falta de acceso á educación obrigatoria ou as consecuencias das catástrofes naturais.
Comprender como afecta os nenos e nenas estas agresión, sen caer no morbo e protexendo sempre a súa identidade foi o fino equilibrio no que se moveu este traballo de comunicación e sensibilización.
Lorena Seijo elaborou os materiais e Emerson Díaz foi o responsable da imaxe.
Organiza: Unicef Guatemala
Datas: 2008 – 2009
Traballamos con: Parisa Nabili