Os ‘fab four’ vistos desde Galicia nun concerto único
En 2009 cumpríronse corenta anos da separación dun grupo inesquecible: The Beatles. Foi a escusa perfecta para propoñerlle a algúns dos grupos máis interesantes do panorama musical galego que reinterpretaran ao seu xeito o legado musical do grupo de pop máis grande de todos os tempos. Unha mostra de que a nosa cultura pop(ular) tamén bebe das fontes do pop internacional.
The Beatles: Re-Volver materializouse o 11 de novembro de 2009 nun concerto único que encheu a Sala Capitol de Santiago de Compostela. Participaron Magín Blanco & Burgas Beat, The Homens, Niño Y Pistola, Narf + Javier Abraldes, U-lo Trío, Magritte e Faltriqueira. Sete formacións ben diferentes que ofreceron versións libres dos clásicos dos catro de Liverpool desde os parámetros do rock, o pop, o jazz, o folk e todos os estadios intermedios.
A achega de NóComún ao proxecto veu por diferentes frontes. Sonia Díaz participou xunto con Camilo Franco na conceptualización, o deseño da idea e a coordinación, ademais de compartir con Moisés Álvarez o deseño e desenvolvemento do plan de comunicación. Ana Cunqueiro encargouse da produción executiva e María Galdón da produción técnica e da rexeduría.
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Santiago / Cineuropa.
Datas: 2009
Idea Orixinal: Camilo Franco.
Traballamos con: Xavier Belho, Fausto, Pixelín.