A industria cultural galega ábrese ao mundo
A industria cultural galega ou é global ou non é. Xa hai décadas que as pequenas e medianas editoras entenderon que elas tamén precisaban abrir mercados, conquistar novos públicos que lles permitisen rendibilizar os seus investimentos e sobrevivir nun mundo dominado polas grandes corporacións. Tanto máis, neste momento de cambio dos soportes e da maneira na que sociedade e cultura se relacionan.
A Asociación Galega de Editores (AGE) foi pioneira neste eido. Apoiadas pola Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, as editoras galegas levan moitos anos difundindo os seus produtos en feiras internacionais do libro e establecemento relacións de intercambio comercial cos gremios de editores de América Latina e Europa.
NóComún participou na procura dos mercados internacionais do libro galego durante anos e dende dúas perspectivas: coordinación e comunicación. Entre 2006 e 2009, Helena Torres coordinou a presenza galega nas Feiras Internacionais do Libro de Bolonia, Liber, La Habana e Frankfurt, para o que contou coa asistencia de Sonia Díaz, que tamén coordinou a comunicación en Cuba da presenza de Galicia como cultura convidada na FILH 2008.
Organiza: AGE e Consellería de Cultura da Xunta de Galicia
Traballamos con: Escenoset, Galix, Agpi, AELG, Ovo Publicidade