Unha organización sen ánimo de lucro que aposta pola comunicación para o desenvolvemento dos pobos
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios nace no 2008 como expresión das inquietudes dun grupo de profesionais da comunicación que consideraban que existen máis e mellores formas de facer xornalismo e que os problemas sociais deben ser prioritarios nas coberturas informativas.
A iniciativa xurdiu en Pontevedra, pero aos poucos foi estendéndose a toda Galicia, para dar o salto a Madrid e despois a varios países latinoamericanos. AGARESO non é máis nin menos ca unha suma de vontades, que cren firmemente na aplicación das ferramentas de comunicación para contribuír a dar voz aos colectivos marxinados e aos pobos dos países en vías de desenvolvemento.
Por iso AGARESO traballa tanto en Galicia como fóra da comunidade autónoma, executando os seus propios proxectos de comunicación para o desenvolvemento e apoiando proxectos doutras organizacións que consideran que a comunicación reforza as súas iniciativas. AGARESO é unha ONGD sectorial de comunicadores polo que moitos das e dos xornalistas interesados en cooperación e xornalismo social optaron por facer a súa achega voluntaria coa nosa organización.
Lorena Seijo traballa dende fináis do 2011 nesta organización de comunicadores, que ademais de comunicar, sensibilizan sobre os problemas socias e e elaboran proxectos de comunicación para o desenvolvemento.
Organiza: Agareso
Data: 2011-2012