Reperkusión

Tres días e tres noites de música, circo e empatía

O Festival Reperkusión celebrou en 2015 a súa 13ª edicióne fíxoo na Cidade dos Muchachos de Bemposta, en Ourense, onde pechou a tempada de festivais coa súa popular mestura de músicas de todos estilos e procedencias.

Os británicos Asian Dub Foundation Sound System, os latinoamericanos Che Sudaka, os bosnios Dubioza Kolektiv, os galegos Dakidarría e os españois Trashtucada e ata unha vintena de concertos nos diferentes espazos do festival: o escenario principal, para os concertos de noite; a carpiña, para a programación de día, totalmente gratuita; e o dub corner, unha zona nova para amantes do reggae.

Ao longo destes anos pasaron polo festival artistas como Manu Chao, Fermín Muguruza, Russkaja, 2Many Dj’s, Emir Kusturica & TNSO, Los Delinqüentes, PinkerTones, Macaco, Wagon Cookin, Muchachito Bombo Infierno, Os 3 Trebóns, Ojos de Brujo, Fanfare Ciocarlia, Eskorzo, Os Diplomáticos de Montealto, Telephunken, Sargento García, etc.

NóComún encárgase da comunicación do Festival Reperkusión dende 2012, da man primeiro de Moisés Álvarez e despois de Sonia Díaz.

Organiza: Reperkusión S. Coop.
Datas: 2012 – 2013 – 2014
Traballamos con: Brais Seara, Esmeralda L. Castro, Andrea Villa Feijoo, Juancho Deseña, Gráficas Mera, Gráficas Esteiro, Gráficas Sanpar.