A tribo toda baila

30 anos de música feliz con Os Resentidos

Os Resentidos cumpren 30 anos neste 2012 e vinte artistas galegos decidiron celebralo cun disco homenaxe ao que a banda respostou reunindo a tribo toda nun concerto moi especial. Antón Reixa (voz), Rubén Losada (saxo) e Javier Soto (guitarra), membros da formación orixal, volvéronse subir ao escenario xuntos por primeira vez en 18 anos o 12 de maio en Ourense e fixérono acompañados por unha banda de excepción e arroupados por unha manchea de músicos galegos: Xosé Manuel Budiño, Bieito Romero, Uxía, Sés, Xurxo Souto, Piti Sanz e Luís Tosar, Rómulo Sanjurjo, Julián Hernández, Miguel Costas, Tonhito de Poi e Xosé Manuel Pereiro. A cita foi un éxito. Unha festa que congreou a unha tribo ansiosa por bailar, tacón, tacón, tacón punta tacón

A ocasión serviu para activar a presenza na rede e nos medios convencionais do mítico grupo galego. Creouse unha páxina web na que se pode atopar a súa discografía, as letras de todas as súas cancións, fotografías históricas e actuais e algúns vídeos. Unha comunidade abandeirada do Resentidos estamos todos (e todas)reuniuse arredor dos seus perfís en facebook e twitter, onde se apropiaron cun vídeo colaborativo o himno bastardo deste sitio distinto, Galicia Caníbal, fai un sol de carallo.

A catarse resentida foi tan positiva que a organización decidiu ofrecerlles a outras cidades a oportunidade de repetir a experiencia. Porque pase o que pase bailar hai que bailar. Bailar bailar, malditos, música feliz!

Da comunicación do concerto de A tribo toda baila encargouse un equipo formado por Moisés Álvarez, Sonia Díaz e Eliana Martíns.

Organiza: Fankani Producións
Datas: 2012
Traballamos con: Deseu Comunicación, Brais Seara, Ideia Gráfica, Rosa Salgado, Gráficas Mera, Gráficas Esteiro, Gráficas Sanpar.


Foto de Brais Seara