Redes sociais para Escolares

Segundo unha técnica de seminario participativo, xunto co emprego de material ilustrativo, promoverase unha reflexión por parte do alumnado sobre o uso das redes sociais que culminará coa elaboración, en conxunto con todo o grupo, dun decálogo de normas para o uso correcto das redes sociais por parte de adolescentes.

Nun momento no que non hai volta atrás no uso das redes sociais e no que as formas de comunicación plantexan máis potencialidades (e máis riscos) das que os usuarios e usuarias poden percibir, é preciso que os rapaces e rapazas aprendan a empregar axeitadamente as novas canles de comunicación e establezan as liñas vermellas que protexan o seu dereito á intimidade.

Diferentes plataformas de información e comunicación
Aprenderase que tipo de redes sociais e plataformas de comunicación son máis axeitadas, dependendo do que queiramos transmitr: comunicación persoal, mobilización social, transmisión de coñecementos… Non todas as redes sociais son útiles para os mesmos fins. Ademais, as redes seguen a ser multimedia…. Polo que haberá que saber sacarlle o máximo partido tamén aos nosos audios, vídeos, textos, fotos, etc.

As redes sociais web 2.0
Características básicas e funcionamento.
Algúns exemplos: facebook, twitter, tuenti, instagram, vine, pinterest…

Beneficios e riscos. Reflexións.
Comunicación instantánea, global.
Casos de suplantación de personalidade. Persoas virtuais.
Onde e por qué temos conta propia. De que tipo?
As relacións sociais virtuais.
Módulo de debate. Imaxe pública. Emprego das fotografías nas redes sociais. Quen ten dereito a usar a túa imaxe?

Un guía do bo uso
Elaboración en conxunto dunha guía de uso de redes sociais para adolescentes feita por e para adolescentes

Monitoras:
Lorena Seijo lorenaseijo@nocomun.com
Sonia Díaz sonia@nocomun.com