Os grandes galardóns do audiovisual galego
Os premios Mestre Mateo celébranse cada ano da man da Academia Galega do Audiovisual. Os profesionais dos distintos gremios do sector escollen, a través dun proceso selectivo democrático e segredo, os mellores traballos do ano anterior e entréganos, cada primavera, nunha gala na que aproveitan para facer balance e reivindicar a creatividade e a profesionalidade do audiovisual galego.
NóComún encargouse da comunicación dos Mestre Mateo en tres ocasións. En 2012, un equipo formado por Lorena Seijo, Sonia Díaz e Esmeralda López Castro desenvolveu a relación cos medios e a comunicación a través das redes sociais e Émerson Díaz fixo as fotografías das roldas de prensa. En 2014 e 2015, Camilo Franco foi o encargado de coordinar a comunicación dos premios e contou co apoio de Sonia Díaz na xestión das redes sociais.
Organiza: Academia Galega do Audiovisual
Datas: 2012 – 2014 – 2015