Aventura na Eira

The green business

Concibida como unha auténtica aventura interactiva, en Aventura na Eira. The green business danse a coñecer ao alumnado as consecuencias do cambio climático a través dunha historia hipotética na que os veciños e veciñas dun pequeno pobo galego deciden adaptarse colectivamente ás novas circunstancias ambientais e económicas. A través da historia destes personaxes ficticios, é o alumnado quen opina, discute, solicita información e, finalmente, toma decisións que repercutirán sobre os posibles futuros recreados, fomentando unha actitude crítica e activa.

Bea García, de Micelios, coordinou o equipo de Aventura na Eira, no que participaron dúas pareceiras de Nó Común, Pilar Bonigno e Sonia Díaz. Pilar colaborou con Bea García na documentación e conceptualizacón e Sonia, na redacción e revisión lingüística.

Promove: IGVS
Conceptualiza e desenvolve: Micelios
Traballamos con: Elena J. Gómez, Pedro Fernández, Rubén Jerónimo, Teatro do Astracán e Guille Fernández