Sabor a mar

Proxecto divulgativo da cultura e a gastronomía mariñeira

O proxecto Sabor a mar do Grupo de Desenvolvemento Pesqueiro do Levante Almeriense proponse dar a coñecer a cultura e a gastronomía mariñeira da zona a través do seu blog, a súa páxina de facebook e a súa canle de Youtube Cocina sabor a mar. Unha especie pesqueira do Levante Almeriense e a súa receta tradicional elaborada por restauradores da zona, son os protagonistas cada mes de dúas series audiovisuais online, que reflicten ademais as historias cotiás, as vivencias e o oficio das xentes da mar do Levante Almeriense e que tamén se retratan no blog a través de entrevistas e posts sobre a zona.

Cristina ocúpase do deseño, xestión e actualización das súas redes sociais (facebook, youtube e blog) desenvolvendo labores como community manager, elaborando contidos e empregando estratexias de posicionamento na rede.

Organiza: Grupo de Desenvolvemento Pesqueiro do Levante Almeriense
Datas: Xaneiro 2012
Traballamos con: Grupo de Desenvolvemento Pesqueiro do Levante Almeriense, Ceniha, Quijada Producciones.