Coñecer o conxunto catedralicio por dentro e por fóra
A exposición ‘A Catedral de Santiago, corazón de Compostela’, que se exhibiu no Salón Principal do Pazo de Xelmírez constituíu unha mostra divulgativa do Plan Director da Catedral. A mostra detalla a través duns paneis explicativos o Plan Director e o programa de obras de restauración establecido para mellorar o estado do conxunto catedralicio. Máis de 30 paneis conforman a exposición explicando a través de planos, imaxes, audiovisuais e pezas o desenvolvemento do Plan Director A exposición repasa tamén toda a historia previa de investigación planimétrica da Catedral, desde os primeiros debuxos da Catedral, no século XVII, os planos do século XVIII e XIX e os traballos de K. Conant e Pons Sorolla, xa no século XX. Tamén se ideou unha instalación cos catro alzados da Catedral e as súas respectivas mesas retroiluminadas nas que se relaciona a obra dos diferentes arquitectos da Catedral ca evolución constructiva da cidade.
Cristina participou na coordinación, elaboración de contidos e produción da exposición ‘A Catedral de Santiago, corazón de Compostela’, para a axencia 100×100 comunicación + creatividad, con quen desenvolveu outros proxectos de interese como a campaña da Red Ciudades AVE.
Organiza: Consorcio da Cidade de Santiago
Data: Xuño 2011
Traballamos con: 100×100 comunicación + creatividad, Oficina Técnica Taller de Proxectos do Consorcio de Santiago, Fundación Barrie de la Maza