Cilenis conxugadores

Lanzamento de ferramentas lingüísticas en liña

Cilenis é unha nova empresa galega dedicada ao desenvolvemento tecnolóxico aplicado aos recursos lingüísticos, creando ferramentas en galego, portugués, castelán, inglés e francés baseados no software libre. Uns dos seus primeiros produtos foron os conxugadores verbais automáticos en liña para galego e portugués, aos que pouco despois seguiron os conxugadores en portugués e castelán para móbiles con sistema operativo Android. Aplicacións para computador e para móbil que supoñen achegas importantes para a aprendizaxe e corrección no uso destas linguas apoiándose nos medios dixitais.

En NóComún encargámonos da comunicación dos dous lanzamentos, cunha estratexia baseada na difusión a través da Rede e en medios especializados en lingua, educación, novas tecnoloxías e economía e emprendemento. O dobre obxectivo foi divulgar os conxugadores e situar a Cilenis como unha iniciativa destacada que achega novas propostas no campo da enxeñería lingüística desde Galicia para os ámbitos lusófono e hispano.

Traballamos con: Esmeralda L. Castro.