Culturgal 2012, os créditos

.

Como nunha sala de cine, as luces prenden de novo e devólvennos ao día a día. No mellor dos casos, como foi Culturgal 2012, con ánimos renovados e facéndonos pensar durante un tempo no que significou esta cita expansiva feita por e para todos e todas.

A situación económica, os cambios de modelo, as distancias coas institucións, en definitiva, a crise en todas as súas formas seguirá ahí e non sei se será tan doado esnaquizala, pero ante o abismo, miles de mans tiraron de nós e convertiron a casa da cultura galega nun obradoiro de autoestima, a mellor definición do que significa esta cita anual desprexuizada e libre de vitimismo.

Tomando o Culturgal como un observatorio do que somos, non nos deixa en mal lugar. Á hora de construír o proxecto, o primeiro que fixemos foi falar con todas as asociacións sectoriais e entidades para saber como construír a casa á súa medida. Tamén, para encher a casa de contidos abrimos convocatorias abertas ás que se puido presentar todo aquel que tiña algo que dicir ou presentar. Non hai artificio nin esaxeración, o que víchedes é o que somos.

Dende o comezo, ao mapear a realidade cultural galega tivemos a visión dun gran arquipélago de illas de resistencia e talento, pero con escasa visibilidade e con poucas rutas marítimas trazadas para conectalas. Abusando da metáfora, Culturgal non deixa de ser unha efémera Panxea, unha illa de visibilidade que permite xuntarnos para recibir a forza do público, compartir afecto e conectar entre nós e co mundo

Isto foi só unha Feira de tres días, pero o mesmo modelo de compartir esforzos serviría para outras liñas de traballo precisas para visibilizarse, reivindicarse e existir como sector. Collendo prestado un tweet de Alfredo Ferreiro, entre todos facemos masa, e se nos organizamos ben habemos de facer pan.

.

E agora si, os títulos de crédito

Dende a edición 2011 onde tras un concurso aberto, nócomún recibiu a confianza da Asociación Culturgal presidida por Xulio Amigo, construímos cada ano un grande equipo que permite facer posible a Feira.

Nos contidos, Moisés Álvarez xunta as pezas do extenso programa oficial, ademais de imaxinar e coordinar puntos de encontro para o talento e as novas ideas: offCulturgal comisariado por Disquecool, o faiado comisariado por Fur Alle Falle,  o stand do público, ideado por María Yáñez e Illa Bufarda ou o espazo autobombo.

Helena Torres coordinou a programación familiar e con centros educativos, un dos éxitos evidentes destas dúas últimas edicións, ademais de permitir que a Feira conectase coa cidade.

Na programación profesional, foi un pracer contar por primeira vez co criterio e sensibilidade de Natalia Balseiro, que coordinou as Mesas de Traballo da AGPXC. Moitas mans axudaron na xornada para profesionais da educación Ferramentas TIC nas aulas, igual que no resto de actividades deseñadas polas asociacións sectoriais.

Sen a comunicación, podemos montar a mellor Feira do mundo que ninguén se achegaría a disfrutala. Sonia Díaz axuda a pensar estratéxicamente, constrúe pontes e actúa de brúxula nos momentos difíciles. É un dos alicerces deste proxecto. Cando se achegan a Feira, Lorena Seijo completa unha equipa de comunicación de luxo, encargándose tanto da web como da xestión de medios.

Na recta final súmanse Antonio Doñate, responsable da imaxe gráfica de Culturgal; Émerson Díaz e Óscar Dacosta, encargados de rexistralo todo fotograficamente; Xes Chapela, a cargo dos contidos audiovisuais no recinto; Xavier Belho, autor do spot de Culturgal 2012; e Nasas Social Media, que este ano farán o making of da Feira.

Coordinando a produción estivo Ana Cunqueiro, coa incorporación na Feira de Cecilia Carballido e María Galdón. A crítica máis repetida é que estabamos “demasiado tranquilos” e iso, nun programa de 200 actividades, só é posible con grandes profesionais na produción. Xa no eido profesional, Roberto Fernández fixo posible que todos os que nos visitaron, tamén dende fóra de Galicia se sentiran como na súa casa.

Na xestión económica Cristina Labandeira sostivo o timón nun ano turbulento e Ra García fixo posible que a secretaría técnica funcionase como un perfecto punto de comunicación entre Feira e participantes.

Uníronse á brigada de traballo nos días de feira Ana Real e Adrián Tobío (oficina información); Ana López, Maite Quintela, Xoán Escudero, Alicia Díaz e Luis Bayer (rexidurías); Luz Pérez Costas (rexiduría xornada mestres); Alexandre Sinde, Ana Mariño, Andrea Andión e Leticia Gómez (axudantes rexiduría) e Natalia González (saliña). Por suposto tamén a xente do Pazo da Cultura de Pontevedra, encabezados por Pilar Portela.

Tamén foi moi importante a colaboración das voluntarias da FCSC e de Belas Artes que axudaron ao equipo durante toda a fin de semana: Pilar Sánchez, María Ferreño, Sara Miguélez, Olalla Varela, Rebeca Muíños, Sheila Martínez, Laura Pintos, Julia González e Sheila Nogueira.

E finalmente, aínda que a lista de provedores sería longuísima, sinalar que a imaxe gráfica da feira é obra de Antonio Doñate e na produción da montaxe feiral colaboramos con Ceo Aberto, AT Servicios e Imaxson.

Un pracer compartir con todos vós!
Sergio Lago

 

do que somos, non nos deixa en mal lugar. Á hora de construír o proxecto, o primeiro que fixemos foi falar con todas as asociaciónsa href=”https://www.facebook.com/media/set/?set=a.521320711220066.125133.224773427541464