.
Despois de comunicarllo á Asociación Culturgal quixera compartir con todas e todos vós que non seguirei como director da Feira das Industrias Culturais de Galicia. Por extensión tampouco continuará o equipo de nócomún que organizou as edicións 2011 e 2012 de Culturgal.
Foron dous anos de traballo intenso nos que dende o equipo organizador puxemos todo o noso esforzo en intentar construír un proxecto de todos e para todos os axentes culturais que participaron dunha maneira ou outra na feira. Sabemos que é un proxecto que chegaba cun camiño percorrido e con aínda máis por percorrer, polo que estamos moi orgullosos de ter podido achegar a nosa visión e traballo durante esta etapa.
Longa vida ao Culturgal!
Sergio Lago de todos y para todos