SonRías Baixas

Unha experiencia única. Un agasallo de Festivaleiros para Festivaleiros

A Asociación Troula na Banda organiza, xestiona e produce o Festival SonRías Baixas dende 2003. O SonRías é para eles como un fillo ao que consinten e coidan, con cariño e con paixón. Co slogan “de Festivaleiros para Festivaleiros” por bandeira, invisten horas infinitas en deseñar unha completa programación musical que combine nomes consagrados e novas propostas e en sacar recursos de debaixo das pedras para poder vender as entradas a uns prezos tan baixos que parecen imposibles.

NoComún forma parte do equipo organizador dende 2013, da man de Sonia Díaz, que se encarga dos contidos e da relacións cos medios, en estreita colaboración con Jordi Lauren, Diego Fernández e -sobre todo- con Berta Domínguez, responsable de difusión de Troula na Banda. Xuntos artellaron -entre outras cousas- a nova web do Festival e o I Concurso SonRías Baixas para bandas emerxentes e déronlle corpo ao concepto de Experiencia SonRías, unha das novidades da 12ª edición, que conquistou a 12.000 persoas con tres días de música, praia e gastronomía.

Organiza: Troula na Banda
Datas: 2013 2014
Traballamos con: ReiZentolo, PixelinPhoto, Nerade, Rock and Cook, Diego Muñoz

 

Vídeo: Diego Muñoz
Foto: PixelinPhoto