Obradoiro de introdución á fotografía dixital

O obxectivo principal do Obradoiro de Introdución á fotografía dixital é que as persoas asistentes aprendan a sacar o máximo partido das ferramentas que teñen á súa disposición para expresarse a través da fotografía. Que descubran cos seus propios ollos que a calidade da fotografía depende máis da mirada de quen a fai que das características técnicas da cámara.

Competencias

Capacidade para converter unha idea ou unha situación nunha fotografía, poñendo a luz, a composición e a cor ao servizo da historia que se quere contar
Capacidade para explorar as posibilidades expresivas da fotografía
Capacidade para explorar as posibilidades técnicas dos dispositivos á súa disposición
Capacidade para analizar as imaxes que os rodean, os seus elementos formais e as súas representacións identitarias
Destreza na construción de relatos visuais e capacidade para verquer a súa propia identidade neses relatos
Capacidade de razonamento crítico á hora de enfrontarse aos procesos de creación

Metodoloxía

1. Todas as sesións comezan cun xogo básico de presentación que os axudará a tomar conciencia da súa construción identitaria individual e grupal, achegándoos ao resto do grupo e permitíndolles entrar na enerxía do curso e abrir a mirada á materia específica de cada sesión.
2. As primeiras sesións entrelazarán conceptos teóricos coa súa aplicación práctica, a través da realización e análise de distintas fotografías no entorno da clase
3. As últimas sesións serán un exercicio práctico de aplicación dos conceptos básicos aprendidos previamente a través do rexistro, revisión e retoque dixital de fotografías

Ficha técnica

Dirixido a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos (preferentemente)
Número de participantes: 12 persoas
Duración: 15h (5 sesións de 3h)
Materiais: teléfonos móbiles, cámaras compactas (ou non) e ordenadores portátiles
Software: Gimp, Instagram, Photoshop. Cada quen o que teña

Programa de contidos

Sesión 1. Brevísimo achegamento teórico: luz, cor e encuadre. Aprendemos a manipular eses elementos no noso dispositivo
Sesión 2. O importante (sempre) é a historia. Aprendemos a elixila e a pensar a mellor maneira de retratala
Sesión 3. Non hai (case) nada que non se poida corrixir. Aprendemos a usar algunhas ferramentas de edición básica
Sesión 4. Proxecto colectivo (I): Eliximos unha historia e un tratamento e lanzámonos a retratala
Sesión 5. Proxecto colectivo (II): Seleccionamos as imaxes que mellor contan a nosa historia, editámolas e organizámolas como unha exposición colectiva

As sesións poden desdoblarse en 10 quendas de 1h30 e pode haber máis sesións de traballo no proxecto colectivo e/ou de presentación pública da(s) peza(s).

Pódenche interesar, tamén

Obradoiro de creación audiovisual con dispositivos móbiles
Obradoiro de Redes Sociais e Identidade 2.0.
Obradoiros NC para Escolares
Audiovisual nas aulas
AUPA audiovisual para aprender