Obradoiro de Redes Sociais e Identidade 2.0.

O obxectivo principal do Obradoiro de Redes Sociais e Identidade 2.0. é que as persoas asistentes aprendan a explorar as ferramentas de comunicación social e entendan o seu papel na nosa identidade. Pensar cómo somos, cómo se nos ve nas redes sociais e cómo quereriamos ser vistos/as é o primeiro paso para recuperar o control sobre esas imaxes superpostas.

Competencias

Conceptuais
Capacidade para analizar as redes sociais e os elementos identitarios que recollen, facendo especial fincapé na lingua, a perspectiva de xénero e as outras posibles dimensións identitarias presentes no grupo: rural/urbano, persoas con discapacidade, colectivos en perigo de exclusión, etc.

Procedimentais
Capacidade para explorar as posibilidades expresivas e técnicas dos seus dispositivos
Destreza na creación de perfís sociais on-line e capacidade para verquer neles a súa propia identidade

Actitudinais
Capacidade para coñecer, analizar e representar os trazos definitorios da propia identidade

Metodoloxía

1. Todas as sesións comezan cun xogo básico de presentación que os axudará a tomar conciencia da súa construción identitaria individual e grupal, achegándoos ao resto do grupo e permitíndolles entrar na enerxía do curso e abrir a mirada á materia específica de cada sesión.
2. As dúas primeiras sesións entrelazarán conceptos teóricos coa súa aplicación práctica, a través da análise de perfís específicos escollidos pola mestra e propostos polo alumnado.
3. A última sesión será un exercicio práctico de aplicación dos conceptos aprendidos previamente aos perfís das persoas participantes

Ficha técnica

O obradoiro diríxese a mozos e mozas de entre 12 e 35 anos (preferentemente)
Número de participantes: 20 persoas
Duración: 9h (3 sesións de 3h)
Materiais: teléfonos móbiles, cámaras compactas (ou non) e/ou ordenadores portátiles
Necesidades técnicas: Conexión a internet

Programa de contidos

Sesión 1. A identidade: autoimaxe, o espello deformado e as capas da cebola.
Sesión 2. As redes sociais: potencialidades e realidades. A nosa propia identidade nas redes.
Sesión 3. Ferramentas para o cambio: capas de privacidade, grupos, listas de contactos, etc.

As sesións poden desdoblarse en 6 quendas de 1h30.

Pódenche interesar, tamén

Obradoiro de creación audiovisual con dispositivos móbiles
Obradoiro de introdución á fotografía dixital
Obradoiros NC para Escolares
Audiovisual nas aulas
AUPA audiovisual para aprender