Unha posibilidade real de achegarvos ao voso público
En NóComún somos conscientes do importante que é para un pequeno proxecto autoxestionado darse a coñecer ante o público e do difícil que é para quen comeza unha aventura profesional ou creativa atopar os recursos para afrontar unha comunicación de calidade. Por iso vos propoñemos un paquete de solucións comunicativas intermedias, profesionais e de calidade, adaptables á realidade de cada quen.
Como funciona?
Creamos uns talonarios virtuais de 10 (+2) Horas NoComún por 200 euros + IVE, para que poidades comprar o noso tempo e distribuílo como mellor vos pareza.
Para canto dan 12 horas? Depende da documentación que teñamos que revisar, das xuntanzas que queirades manter e da calidade dos vosos materiais previos. Pero, en xeral, un talonario debera ser suficiente para redactar uns textos promocionais ou un dossier de patrocinios, facer un envío aos medios ou impulsar as vosas redes sociais. Tamén podemos axudarvos a trazar unha estratexia de lanzamento e distribución (dixital ou non). E, con algunhas horas máis (depende da complexidade que queirades darlle), podemos facervos un vídeo e unha web promocional.
Que tedes que facer vós?
Contactade con nós. Contádenos en que consiste o voso proxecto, de onde vides e a onde queredes chegar. Se podedes, revisade antes o que tedes e o que poderiades facer vós.
Xa o tedes claro?
Pois, veña, escribídenos e contádenos que podemos facer por vós.
Poñemos grande a letra pequena:
1) Uns textos e fotos de calidade son a base dunha boa comunicación. Podedes facelos vós ou pedírnolos, pero son imprescindibles.
2) Facemos traballos de urxencia, pero non milagres. Unha proposta axustada require certa planificación.
3) A comunicación ten que estar ao voso gusto, pero as correccións e cambios significan horas de traballo. Tédeo en conta á hora de planificar as necesidades… e o orzamento!
Non vos imos mentir, non faremos nada que non poidades pagar, pero si que nos comprometemos a axustar os prezos todo o posible, aproveitando ao máximo o que poidades facer vós e creando sinerxias con outros pequenos proxectos para abaratar os custos.