A expresión creativa como ponte cara á sociedade
Ademais dunha excelente ferramenta para a expresión artística, a fotografía tamén pode ser un vehículo para a inclusión social. Sobre esta premisa constrúese o Obradoiro de Fotografía para a Inclusión Social de Émerson Díaz. O obxectivo do curso é que cada participante aprenda a manexar unha cámara e a expresarse con ela, ao tempo que observa o mundo dende unha perspectiva inclusiva e solidaria.
A partir dunha idea persoal e do posterior guión, os participantes elaboran as súas propias reportaxes fotográficas. Cada tema abórdase dende un enfoque transversal: diversidade, xénero, discapacidade, etc. Deste xeito, a través do ollo da cámara, cada unha das persoas participantes ten a oportunidade de analizar a realidade social dende a súa propia visión, personalidade e valores.
A iniciativa que Agareso e Igaxes3, oito mozos e mozas de entre 17 e 21 anos que se atopaban na fase de saída do sistema público de protección de menores achegáronse no verán de 2013 da man do nocomuneiro Émerson Díaz á fotografía como ferramenta de expresión e como fórmula para reforzar a autoestima, as súas habilidades persoais e os seus vínculos coa sociedade da que pronto formarán parte como adultos e adultas.
Organiza: Agareso e Igaxes3
Data: Verán 2013
Traballamos con: Concellería de Xuventude do Concello de Vigo.