Azos é unha aposta polo jazz vencellado a Galiza. Un selo que naceu en 2010, baixo a dirección artística de Abe Rábade e a dirección técnica de Sergio Lago, para arroupar os novos valores deste xénero no país e para dar conta das colaboracións artísticas entre jazzistas de calquera parte do mundo que teñan Galiza como lugar de encontro. “Jazz implica forzosamente unha concepción aberta das influencias, procedenzas e destinos da música e dos músicos”, asegura Abe Rábade, “Azos quere ser unha fiestra sen límites ao mundo desde unha óptica galega”.
Sergio participa na dirección técnica do proxecto, no deseño das estratexias de lanzamento, na implantación dixital en servizos como Spotify, iTunes, etc. e na presencia online de web e redes sociais.
Cristina e Sonia traballaron na campaña de comunicación dos lanzamentos máis recentes, promocionando concertos de presentación e xestionando entrevistas e reportaxes con medios galegos e especializados.
Data: Dende 2010
Traballamos con: Abe Rábade