Silvia Penide : Animal de Compañía

Con Silvia Penide soltamos en 2012 o seu ‘Animal de compañía’, o quinto disco da cantante e compositora coruñesa.

‘Animal de compañía’ é o quinto disco de Silvia Penide, un traballo persoal, íntimo, atrevido, con letras duras e maduras. Gravado en directo xunto a súa banda Los Animales, está composto por dez temas, cancións que non están feitas para escoitar por riba, cancións cun profundo contido musical e persoal que afondan no particular universo da compositora.

Cristina encargouse de elaborar a campaña de comunicación para o lanzamento de ‘Animal de compañía’ de Silvia Penide, promocionou os seus primeiros concertos de presentación e xestionou entrevistas e reportaxes con medios galegos e especializados.

Sergio colaborou no deseño da estratexia de lanzamento, na implantación dixital en servizos como Spotify, iTunes, etc. e na revisión da presencia online de web e redes sociais. Tamén participou no plantexamento dun lanzamento físico baseado en edicións limitadas. Así, o disco publicouse en tiradas sucesivas de 100 unidades, a primeira incluíndo fragmentos únicos dun lenzo ao óleo de Roi Pardo no que o artista representou á propia cantante.

Produce: Silvia Penide
Datas: 2012-2013
Traballamos con: Serxio Moreira, 10D10

 

Foto: Begoña Pastoriza