Libros. Imaxes. Curtametraxes.

En colaboración coa Rede de Bibliotecas de Galicia, dentro da actividade LER CONTA MOITO, Xes vén desenvolvendo un obradoiro creativo destinado a mozas e mozos de Galicia.

O obradoiro creativo leva por título LIBROS. IMAXES. CURTAMETRAXES.
Ten coma obxectivo a lectura de textos dos fondos das bibliotecas para a selección dun fragmento co que elaborar unha curtametraxe durante as sesións. Poderán servir de fonte de inspiración: relatos breves, novelas, poesías, banda deseñada…
A programación artéllase en 4 sesións que engloban cada unha das fases necesarias para a elaboración dunha curtametraxe por alumno/a ou ben para a elaboración en equipos ou unha en grupo. Atendendo ao grado de implicación das persoas participantes.
Tentarase incidir na importancia das palabras e da súa evocación en imaxes, apostando pola creatividade e o gusto estético.

1ª SESIÓN (2 horas) A SELECCIÓN DE TEXTOS
Trala lectura detallada de textos do fondo da biblioteca, o alumnado deberá escoller un fragmento, parte dun texto ou un resumo do mesmo, para a escrita dun guión audiovisual.
Previa á escrita do guión os participantes coñecerán:
-Principios da linguaxe audiovisual
-Introducción á escrita dun guión.
-Chaves para a adptación de textos a unha peza audiovisual.

2ª SESIÓN (2 horas) A GRAVACIÓN
Unha vez escrito cadanseu guión, os participantes deberán gravar as imaxes segundo o guión.
As curtametraxes non poderán ter unha duración superior aos 5 minutos, e terán total liberdade creativa:
-En canto ao xénero; comedia, terror, drama, documental, animación videocreación, o trailer…
-En canto ao formato e soporte empregado: poderán utilizar calquera dispositivo, dende o móbil ata as cámaras HD. Para aquelas persoas que non dispoñan dun aparello de gravación, o monitor ofrecerá a posibilidade do uso de distintas cámaras para poder grabar.
Antes da gravación repasaranse as chaves para obter un correcto resultado.
-Normas básicas de produción audiovisual.
-Principios de gravación.
-O son e os efectos sonoros.
-A cor e a iluminación.

3ª SESIÓN (2 horas) A MONTAXE
A etapa final estará enfocada á edición ou montaxe do material filmado.
Dunha banda explicaranse ao alumnado ferramentas básicas de edición de imaxes.
Cada alumno/a traballará no montaxe e edición da súa curtametraxe. O monitor porá á disposición do grupo unha computadura portátil e discos duros externos con distintas aplicacións de edición de imaxes en movemento.
Previamente á montaxe farase unha breve explicación sobre os elementos que inflúen na montaxe.
-Principios básicos da edición de imaxes.
-Incorporación de rótulos.
-A posprodución de imaxe e de son.

Organiza: Rede de Bibliotecas de Galicia, LER CONTA MOITO.
Traballamos con: Concello da Coruña, Concello de Valga, Biblioteca González García Garcés, Centro Ágora da Coruña, Biblioteca Provincial de Ourense, Concello de Oleiros.
Data: 2013