Diálogo cultural entre Galicia e o mundo
Entredanzas é unha viaxe pola diversidade da danza contemporánea universal.
As prazas e parques de Compostela convértense durante o evento nun escenario único onde en cada edición prodúcese un diálogo entre a danza contemporánea galega e as danzas do país convidado.
A mostra promove unha actuación cultural na que os composteláns e compostelás recoñécense e entran en contacto coa diversidade dos pobos do mundo.
Nacido en 2008 cunha periodicidade bianual, pretende que a cultura estea ao servizo da cidadanía, unha cultura diversa e aberta que compensa o impacto da globalización que dilúe a diversidade cultural.
A coordinación xeral de produción na súa segunda edición correu a cargo de Ana Cunqueiro.
Organiza: Concellaría de Cultura e Centros Socioculturais de Santiago de Compostela
Datas: 2010
Traballamos con: Son Directo, HumanPro Eventos.