Unha axenda para Escola Infantil, de libre uso e en galego

Nesta ligazón* tedes dispoñible unha axenda para escola infantil, de libre uso e en galego. Só tedes que descargar o arquivo e imprimilo en branco e negro, como A4 e a dobre cara, guillotinalo pola metade e poñerlle unha espiral. O prezo aproximado en copistería é de 5 euros.

A idea é que cada familia faga as súas propias capas, persoais e intransferibles, nunha cartolina tamaño A4 que poida guillotinar, plastificar e encanutillar xunto coa axenda. Se non sodes xente creativa (ou non vos dá a vida), tamén podedes descargar aquí un modelo, listo para imprimir.**

Agardamos que vos sexa útil e que sintades esta axenda como vosa, porque o é. Sodes libres para compartila, para modificala e para imprimila tantas veces como queirades. Se tedes dúbidas sobre o seu uso ou algunha proposta de mellora, por favor, contactade con nós. O proxecto xurdiu dunha idea de Sonia Díaz que floreceu no Twitter, alimentada con creatividade e cariño por Antía Paz e Gerardo Uz. Este último foi, tamén, quen a maquetou.

O seu uso está suxeito a unha licenza Creative Commons CC-BY-SA. Tedes máis información aquí.

___
*Nestoutra, en norma AGAL.
**E se sodes xente moi creativa e xenerosa e queredes compartir a vosa proposta de capa, mandádenola e engadímola ao proxecto. Sabela González compartiunos as súas aquí, podedes usalas baixo licenza CC BY-NC-SA.