Creatividade para o desenvolvemento
Os equipamentos culturais convertéronse na última década nun dos polos de atracción dos territorios. Sen embargo, ¿en que medida poden contribuír a un proceso de desenvolvemento cultural, a un proceso de transformación deses territorios e dos seus habitantes?
Esta foi a reflexión que levou ao I Congreso Internacional “Lugares de Cultura”, un encontro de discusión e análise aberto á cidadanía e que contou con relatorios e debates onde se presentaron numerosas experiencias internacionais desenvolvidas por centros, cidades e rexións.
Galicia, como sociedade aberta ao mundo, con presencia cultural en varios continentes, ofreceuse como ese espazo de debate e reflexión sobre o papel do futuro que deben ter uns equipamentos, uns lugares que, como a Cidade da Cultura, están chamados a ser verdadeiros eixos de transformación e desenvolvemento para os seus territorios.
O congreso desenvolveu catro eixos temáticos que englobaron todos os aspectos que xogan hoxe en día na concepción, deseño e xestión dos equipamentos culturais: ideas e proxecto, arquitectura para a cultura, organización do traballo e redes de cooperación.
Organiza: Consellería de Cultura e Deportes e Fundación Cidade da Cultura.
Datas: 2009
Traballamos con: E-Burbulla, E-Cultura, Xabide.